InicioOccidentalCervoAlcoa destaca o "compromiso" dos seus traballadores e anuncia que xa depositou...

Alcoa destaca o “compromiso” dos seus traballadores e anuncia que xa depositou os 103 millóns para investimentos

Di que a parada "ordenada" está a realizarse "con normalidade, seguridade e conforme ao programa" e que se reunirá cos traballadores para informalos "sobre a programación e asignación de tarefas".

Publicada o

- Advertisement -

O presidente de Alcoa España, Álvaro Dorado, confirmou aos traballadores da planta de San Cibrao, en Cervo, que os 103 millóns de dólares –uns 90 millóns de euros, ao cambio– comprometidos pola multinacional para investir nesta factoría “xa están dispoñibles nunha nova conta bancaria”.

Nun comunicado destinado aos empregados, o responsable da compañía en España resume a situación actual da fábrica de aluminio unha vez alcanzado o acordo o pasado 29 de decembro que implicou a parada das cubas durante dous anos e o xa mencionado compromiso de investimento de 103 millóns.

Neste texto, Álvaro Dorado tamén detalla que a parada “ordenada” está a realizarse “con normalidade, seguridade e conforme ao programa”, co obxectivo de manter as instalacións “nas mellores condicións para iniciar a súa rearranque a partir do 1 de xaneiro de 2024”. “En fundición, están a adaptarse procesos e rendementos para producir con metal sólido”, asegura.

En canto á subministración de enerxía, o presidente de Alcoa España reivindica que a multinacional deu xa “pasos importantes” cos preacordos alcanzados con Greenalia e Capital Energy para a subministración de electricidade durante 10 anos a partir de 2024. “E seguimos avanzando na nosa estratexia para a contratación da subministración de enerxía desde o rearranque“, continúa.

O CONVENIO, PENDENTE DE REXISTRO

Así mesmo, Dorado confirma que a dirección e os traballadores xa asinaron o convenio colectivo para San Cibrao “conforma ás condicións comprometidas no acordo”, polo que só queda “pendente de presentar para o seu rexistro e publicación“.

Todos estes asuntos, entre outros, serán parte da axenda que Alcoa levará á próxima reunión de seguimento do acordo co Goberno central, a Xunta e os membros do comité de empresa, que se celebrará “canto antes”. De igual modo, a dirección da planta de San Cibrao manterá un encontro “a principios da semana que vén” cos representantes sindicais –tras unha solicitude expresa destes– para informarlles “máis en detalle” sobre a programación e asignación de tarefas, así como sobre a formación unha vez se complete a parada da actividade de electrólise e eléctrodos.

“UNHA OPORTUNIDADE DE FUTURO”

O presidente de Alcoa España finaliza o comunicado asegurando que a empresa segue “traballando para avanzar en todo o anterior e en cada un dos puntos do plan comprometido”.

“Temos a convicción de que esta etapa que iniciamos abre unha oportunidade de futuro para a planta de aluminio. Tamén sabemos que este obxectivo común só poderá lograrse co compromiso e a profesionalidade que sempre demostraron os traballadores da fábrica. Manterémosvos informados as novidades periodicamente a medida que vaiamos avanzando”, conclúe.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...